A pasada fin de semana nos desprazamos a Vigo para xogar o último match de terceira división contra o que era o cuarto equipo que tiña o Lucena no noso grupo, o Lucena-XG. Perdemos por 3 a 1 quedando cuartos do noso grupo e lonxe das prazas de ascenso.
No primeiro taboleiro Pablo (xogando con negras) se comeu este peón envelenado (12... Axc2??) e as brancas xogan e gañan:
13. Cxf7! perdendo a torre, comer o cabalo co rei, que foi o que pasou na partida leva a mate en 2 tras 13... Rxf7 Dxe6+ 14. Rf8 Df7#
No segundo Alberto con brancas tivo dous blunders, o primeiro nesta posición, onde as negras acaban de xogar 26... Dc1+:
Alberto xogou 27. Td1?? que perde os peóns (evaluado en -3 por Stockfish), a boa sería 27.Dd1. O outro blunder foi deixarse colgado un cabalo no final.
Andrea conseguiu o punto da honra no taboleiro 3 gañando con negras este final con maioría de peóns no flanco de rei:
E no cuarto taboleiro, Miguel con brancas, tras sacar moita vantaxe, nesta posición xogou 46. Dd1+??
Que perde torre tras 46... Dxd1 47. Txd1 Txc3.
Ningún comentario:
Publicar un comentario