luns, 3 de abril de 2017

Campións da cuarta división!!!


Esta fin de semana o noso equipo de rapaces gañou a fase final do campionato de cuarta división que se celebrou en Gondomar, organizado polo club Laroca. Este foi o noso equipo campión:

Yudania dando indicacións a Diego antes dunha partida
XADREZ RAMIRO SABELL A: “ANPA PENA DO EQUILIBRIO”
  1. André Herrera Saavedra
  2. Antón Rama Hombreiro
  3. Nicolás Quiroga Snyder
  4. Roí Castro Calvar
  5. Sara Álvarez Carvalho
  6. Diego Gallego Bañuelos
  7. Alejandro González Méndez
O final da rolda 5 estábamos de segundos con 14.5 puntos e de primeiro estaba o equipo Santiago Apóstol con 15.

Tras un excepcional 4-0 contra o "Lucena-Porriño A" na rolda 6, chegamos a última rolda de primeiros con 17.5 puntos, só medio punto por riba Apóstol, polo que se decidía todo nas últimas partidas.

Na rolda final gañamos cun magnífico 3-1 frente o "Lucena Escolar" e o Apóstol empatou 2-2 contra o "Promesas Auga da Laxe", aumentando a nosa diferencia e quedando na clasificación final primeiros con 20.5 puntos.

N EQUIPO 1 2 3 4 5 6 7 8 PUNTOS
1 XADREZ RAMIRO SABELL A "ANPA PENA DO EQUILIBRIO"
2 2 3 3.5 4 3 3 20.5
2 APOSTOL 2
3 2 3 4 2 3 19
3 BELLAVISTA 2 1
2 1 3 3 1.5 13.5
4 PROMESAS MALLON 1 2 2
2 2.5 2 4 15.5
5 ESCOLA DE BOUZAS A 0.5 1 3 2
1 2.5 3 13
6 LUCENA - PORRIÑO "A" 0 0 1 1.5 3
3 1 9.5
7 PROMESAS AUGA DA LAXE 1 2 1 2 1.5 1
3 11.5
8 LUCENA ESCOLAR 1 1 2.5 0 1 3 1
9.5

Noraboa campións! Unha victoria moi loitada e merecida.

Tamén temos que agradecer a nosa entrenadora de campións, Yudania, o excelente traballo cos nosos nenos do club: Esta victoria reflexa os seus anos de traballo con eles, sempre cunha metodoloxía amable e priorizando os valores educativos e lúdicos deste deporte.

Álbum coas fotos do evento

Nico e Roi
Últimas instruccions antes da final

André e Antón

Ningún comentario:

Publicar un comentario