A nosa mestra Yudania está a impartir clases de xadrez para maiores os venres de 11:00 a 12:00 no Centro Artístico Sportivo.
Os obxectivos deste programa son os de estimular as funcións cognitivas (atención, memoria, razoamento) a través do xadrez. O xadrez terapéutico fomenta a inclusión social e a ocupación do ocio e o tempo libre, e realízase dunha forma accesible e agradable para os maiores.
No xadrez non hai distinción de sexo, raza, nen idade, polo que constitúe unha magnífica ferramenta para a xuntanza, o entretemento e a solidaridade interxeracional.
Ningún comentario:
Publicar un comentario