O torneo vaise dividir nas categorías Sub-8, Sub-10, Sub-12 e Sub-14, e haberá trofeo para os 5 primeiros clasificados de cada categoría. Tamén haberá recordos para tódolos participantes e sorteo de agasallos ó finalizar.
Inscripcións
As inscripcións se poden realizar a través do formulario: http://goo.gl/wNAH5w.
Tamén se pode facer a inscripción a través da conta de correo torneosramirosabell@gmail.com. Temos o aforo limitado a 130 participantes, polo que respetaremos rigurosamente a orde de inscripción. As inscripcións estarán abertas ata as 20 horas do 19 de maio.
Bases
As bases do torneo están disponibles en http://goo.gl/5vpHFF.
Resultados
Estes son os enlaces a Chess-Results por categoría:
Onde comer
No Centro Artítico Sportivo van preparar menús con xamón asado, callos, polo e pasta: Podedes reservar no teléfono do Sportivo 986 64 02 65. Tamén haberá unha pulpeira que preparará racións de polbo á feira.
Este é un folleto cunha lista de sitios nos que podedes comer en Ponteareas: http://goo.gl/a88DgE.
Acompañantes: Qué facer durante o día
Para os acompañantes que veñan ó torneo e non xoguen, informámosvos que durante toda a mañá haberá feira no centro de Ponteareas. Se queredes alonxarvos un pouco do centro podémosvos aconsellar visitar o Castro de Troña ou o Castelo de Vilasobroso, e para gozar da nosa paisaxe, nada mellor que un paseo pola senda fluvial do Río Tea.
Patrocinadores
Este torneo non sería posible sen a colaboración dos nosos patrocionadores, para eles o noso agradecemento:
Ningún comentario:
Publicar un comentario